Wednesday 15 de May de 2024

A Escola Municipal de Música Magariños de Brión abre este luns o prazo de matriculación de nova admisión para curso 2020/2021


A Escola Municipal de Música (ESMU) Magariños de Brión abrirá o próximo luns 15 de xuño o prazo de matrículas para novas admisións para o curso 2020- 2021, que estará aberto ata o vindeiro 22 de xullo. As inscricións poderán realizarse na secretaría da ESMU de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas, e os martes de 16:00 a 19:00 horas.
A ESMU Magariños oferta para o vindeiro curso un total de 20 especialidades instrumentais. “Somos un centro incluído no rexistro de Escolas de Música e Danza de Galicia e contamos cunha completa formación para o alumnado, atendendo as súas inquendanzas musicais con tres itinerarios académicos: clásico, moderno, tradicional e folk”, explica Carlos Pintor, director da escola.
O curso dará comezo o vindeiro 14 de setembro, cun Concerto Inaugural, e rematará o 11 de xuño de 2021. A información do curso está dispoñible tanto no taboleiro da Escola como na web do centro ( www.esmumagarinos.com/ ). Para máis información pódese chamar ao teléfono 981509903 ou ben enviando un correo electrónico escolamusica@briondixital.org .